O escribano de Gordón
A mediados do ano 1700, casa do Escribano, sita na aldea de Gordón, hoxe pertencente ao Concello de Chantada: Don Benito Alonso Ledo Ouro, viaxou ata Sevilla, daquela capital do Reino, para xurar lealtade como ilustre escribán de Felipe V, rei de todas as Españas… Se tal xuramento non fose cumplido… por orde do rei, cortaríanlle o brazo co cal exercera, para escribir…
O longo da súa profesión tiña potestade como escribán en calquer parte ou recuncho que se poidera chegar nun dia a cabalo… Aínda así, dicían os máis vellos do lugar… que perdeu toda a súa influencia, porque non foi quen de cumplir co xuramento exixido polo rei.
En 1753 redatou e firmou unha rebelión duns poucos pobres, en contra do Condado de Lemos, donde era partidario que alomenos, as terras máis escaborsas, como por exemplo a Ribeira Sacra, había que regalarllas aos labregos, capaces de facelas producir con tal que fosen propiedade de quen as traballara, e quedasen libres de impostos…
Xusto nese mesmo ano cortáronlle o brazo co que se atreveu a redactar en favor dos pobres e en contra do Conde de Lemos e do rei de todas as Españas…
Dícese que desde entón perdeu a categoría de escribán, pero nadie sabía que era capaz de escribir igual de ben coas dúas mans… e a lei só permitía cortarlle un brazo, polo que de forma clandestina seguiu escribindo… aínda que sen valor xurídico, pero con valor moral…
Esta historia é crible porque aínda hoxe se conserva o seu cuño e a súa rúbrica en diversos documentos… e ata foi moi pouco tamén se conservaba un manuscrito no que tal escribán dicía:
“Por la gracia de Dios, yo Don Benito Alonso Ledo Ouro, ex-ilustre escribano de su Majestad Felipe V, todo canto he plasmado por escrito… atesoro cabal juicio, ante vuesamerced, para dar… y doy fe… de que, al pueblo liso y llano, antes y después, he dicho:
Amigos labregos, dou fe de que mentras non me corten o alento, as terras escabrosas, han de pertencer a quen as traballa, e si por iso… me cortan o brazo dereito, como bo escribán, escribirei co esquerdo… pero vós, non teñades medo, porque necesítanvos con dous brazos, para traballar as súas terras… en cambio, a min, necesítanme manco, porque teñen medo a perdelas”.