Xastrería Casal
Co cativo de cando en vez botando unha man. As pantaloneras, sempre nas súas pequenas sillas ó redor do velador; desde alí, pronto se facían cos seus fíos e tesoiras. Na Avenida de Portugal, non tan lonxe do Río Asma, cada día se repetía o corta e cose; o cose e corta. As telas lucían na parte alta da estantería, mentres os retais quedaban abaixo nun segundo plano. Non pasaban desapercibidos os oficiais: un pasando o ferro e os outros dous nas máquinas de coser.
Iso, por suposto, cando a máquina de coser non estaba en mans de dona Carmucha. Unha muller que sempre estaba atenta a tódolos detalles e que botaba a man no lugar que fora necesario. Para o corte non había dúbidas, era o turno del. Como non podía ser doutro xeito, estamos a falar da Xastrería Casal. A súa muller, sempre atenta a tódolos detalles e botando unha man no lugar que fora necesario. Os pantalóns eran cousa das mulleres das batas granates, á vez que os oficiais poñían todo a punto. Casal encargábase das dúas probas: a primeira, para axustar as medidas; a segunda, para armar xa todo. Entre fíos e ombreiras, tras pasar tamén polo ferro e os seus mollados panos, empregando a mesa auxiliar, ou logo de sobrefiar. Tras un longo e coidadoso proceso, sempre supervisado desde esa alta silla co seu respectivo repousapés. Así nacían os duradeiros traxes que se creaban na xastrería aló pola década dos 60. Máis que duradeiros, deberíamos falar de superduradeiros, pois aínda podemos atopar mostras por algún que outro recuncho da nosa vila. Mostras que nos fan lembrar aquela fermosa época, de traxes e pantalóns, de fíos e tesoiras. E o último fiar nunca será o derradeiro mentres perdure na nosa memoria.
VIVA O FOLIÓN!