Concurso de carteis Folión de Carros 2020

Obxecto do concurso

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión convoca o presente concurso, coa finalidade de seleccionar o cartel anunciador do “Folión de Carros 2020” a celebrar o día 22 de agosto, coincidindo co sábado das Festas Patronais de Chantada.

BASES

1.-Participantes
Poderá participar todo as persoas que o desexen nunha soa categoría.

2.-Eixe temático do traballo
O contido do cartel deberá difundir e transmitir os valores fundamentais do Folión a través dos seus símbolos principais: CARRO TRADICIONAL, XUGADA DE VACAS/BOIS, CARROCEIROS/AS E REPRESENTACIÓNS DE ANTIGO SOBRE A COMARCA DE CHANTADA.

3.-Forma de elaboración do cartel
O traballo será individual e cumprindo coas bases establecidas.

4.-Características técnicas do cartel
O cartel realizarase en formato horizontal ou vertical coas medidas DIN A-3 (42×29´7 cms.) e entregarase en formato papel ou dixital (anexo a mail en formato .jpg e .pdf), debendo incluir obrigatoriamente a frase “Folión de Carros 2020” e a data de celebración “22 de agosto”.
Tanto a técnica como o estilo dos carteis serán libres. As composicións deben ser orixinais e inéditos.

5.-Premio
A persoa gañadora recibirá un Vale por valor de 200€ para ser gastados en calquera negocio asociado á Asociación de Empresarios de Chantada, e o seu cartel será o anunciador do Folión de Carros 2020.
A organización resérvase a decisión de outorgar un ou varios accésits, e utilizar estes carteis para os fins de divulgar o Folión de Carros por medios diversos.

6.-Presentación dos traballos
Os traballos serán entregados no mail amigosdofolion@gmail.com ou no Apartado de Correos Nº12 de Chantada (27500) en data non posterior ao venres 29 de maio.
Para obras entregadas en sobre: este deberá conter o Cartel presentado e outro sobre mais pequeño cunha plica na que figure o nome, apelidos, número de teléfono e mail.
Para obras entregadas por mail: debrá ir anexo en formato .jpg ou .pdf o Cartel presentado e no corpo do mail ten que figurar o nome, apelidos, número de teléfono e mail. No asunto indicar: Concurso de carteis 2020

7.-Prazos
O prazo de presentación dos traballos remata o venres día 29 de maio do 2020.

8.-Xurado
Para o ditame do premio establecerase un xurado formado por 6 membros elexidos pola directiva da Asociación Amigos do Folión. A súa composición será a seguinte:
Presidencia: Tamara Prado (VicePresidenta da A.C. Amigos do Folión)
Secretario: Víctor Fernández (Secretario da A.C. Amigos do Folión), sen voto.
Vogais: Laura Vázquez (tesoureira da A.C. Amigos do Folión), Lomarti (artista plástico), Jon González (ilustrador), Cristina Ouro (ilustradora) e Segundo Navaza (carroceiro);
e actuando como asesores técnicos dos valores fundamentais do Folión, con voz pero sen voto: José Manuel Blanco e Roberto Osorio.

9.-Criterios de valoración
O xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración:
-Perspectiva de coñecemento do Folión de Carros.
-Creatividade e orixinalidade da proposta.
-Impacto visual do cartel como imaxe anunciadora do Folión de Carros.
-Relación coa filosofía e valores fundamentais do Folión de Carros.

10.-Tratamento dos orixinais
Os orixinais non premiados serán devoltos aos/ás autores/as que o soliciten.

11.-Responsabilidades legais
A “Asociación Cultural Amigos do Folión de Carros” quedará eximida de calqueraresponsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente na que, en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer os/as participantes.

12.-Difusión dos traballos gañadores
A “Asociación Cultural Amigos do Folión de Carros” reserva para si o dereito a organizar exposicións e/ou exhibir, reproducir ou publicar a imaxe ou o contido dos traballos presentados en prensa, revistas, publicacións, webs oficiais e redes sociais xestionadas pola Asociación ou por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual.
En todo caso, sempre que se utilice algún dos carteis premiados cos fins previstos nestas bases, nel figurará o nome da persoa que o elaborou.

13.-Propiedade intelectual
O concepto creativo global do traballo é de explotación exclusiva da Asociación Amigos do Folión de Carros. Todos os materiais que se produzan pasarán a ser propiedade da Asociación Cultural Amigos do Folión Carros, que poderá realizar as modificacións que, de acordo cos autores, melloren o resultado final e faciliten acadar o obxecto desta convocatoria.

14.-Utilización do cartel gañador
O cartel premiado, SERÁ UTILIZADO POLA ASOCIACIÓN AMIGOS DO FOLIÓN EN EXCLUSIVA para ser reproducido e facer do mesmo o uso promocional que se estime conveniente, reservándose o dereito de incluír o logotipo desta asociación e outras administracións colaboradoras co Folión de Carros.

15.-Modificación
O/A gañador/a deberá entregarlle a Asociación Amigos do Folión de Carros o traballo nun formato que permita realizar as modificacións que, de acordo co/ca autor/a, cumpra realizar para a impresión definitiva do cartel anunciador do Folión de Carros 2020.

16.-Aceptación das bases
A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. A Asociación Cultural Amigos do Folión de Carros queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación das bases.
O ditame do xurado será inapelable.