Reunión coas entidades colaboradoras co Folión
O mércores, día 1 de Agosto, tivemos unha xornada de convivencia coas entidades colaboras coa Asociación, DOMUS VI, Afachantada, Albores, ASDEME, Centro de Día e o Recuncho Solidario. Unha forma de rendir unha homenaxe a todos/as os usuarios/as e o seu traballo, que ano a ano, adornar o noso pobo e fan visible e extenden o espíritu do Folión de Carros entre a veciñanza.