O Folión: Orixe e significado

"Somos avogosos do Folión porque sabemos que o Folión cura, que nos reconcilia e aperta baixo os seus brazos centenarios. Que asubíe pois o carro novamente! Longa vida."

Rafa Lobelle

Carro: O Orgullo

"Nestas condicións é lóxico que o tradicional sexa, en gran medida, asidero para a supervivencia; ao mesmo tempo que rémora para un futuro máis dinámico."

Celso Almuiña

Carroceiros/as: A Alma

"O dia do Folión para nós é o dia de Chantada, é o dia dos carroceiros, é dicir, ese dia os carroceiros sempre teñen algo aí... é o noso dia!"

Segundo Navaza

Xugada: O Alicerce

"Eu síntome orgulloso´, agradecido, mui valorado e mui querido entre vós. Douvos as gracias por deixarme participar cos meus bois, poder presumir xunto ca miña familia e os meus amigos do meu traballo e da herencia que me deixaron os meus antepasados. Cando vou a Chantada sinto que estou colaborando con facer mais grande e mais única a nosa terra."

Festa: O Desfile

"Esa maxia que xenera que te xuntes en pandilla unha vez o ano para construír algo común e conseguir que o Folión vaia adiante, pois é moi grande."

Alfredo Pardo