Programa 2022

1 - 31 de Agosto

Exposición - Folión de Carros 2022: O regreso da nosa festa

Do 1 ó 31 de Agosto, na Casa da Cultura de Chantada, podedes visitar a exposición mais completa sobre o noso Folión.

23 de Agosto

IV Xornada Infantil "Mural do Folión de Carros"

"Creación Artística na Rúa", de 10:00 a 13:00 na Rúa Tras dos Fornos, en colaboración con Velaísca, Espacio C e Concello de Chantada. Inscrición de balde. Prazas limitadas.

27 de Agosto

Folión de Carros

A partir das 23:00 os carros percorrerán a Avenida de Ourense, Rúa Mariano Cedrón, Avenida de Monforte e rematando na Praza de Galicia. Dende as 12:00 os carros estarán expostos na Avenida de Ourense.

VI Foliada Carroceira

Polas rúas da vila, a partir das 19:30, música e baile co grupo de gaitas "Os Barrios", Agrupación Tradicional da Casa da Música, Banda Municipal de Gaitas de Chantada, Searas e "Os Xílgaros de Lugo". En colaboración coa Diputación de Lugo actuará tamén "A Volta do Agro" (Lugo).

Xogos Populares

Na Praza dos Catro Camiños a partir das 18:30, en colaboración con Velaísca.

Exhibición das xugadas participantes

As 22:30, na Avenida de Monforte, dará comenzo a exhibición e desfile das xugadas participantes, polo mesmo percorrido do Folión, pero en sentido contrario, rematando na Avda. de Ourense, lugar de saída dos carros.

Presentación da Muiñeira do Folión de carros

Antes do pregón das festas, no palco do xurado e autoridades, presentación da "Muiñeira do Folión de carros" a cargo do gaiteiro, e compositor da peza, Oscar Rodríguez Fernández.