Programa 2023

1 - 31 de Agosto

Exposición - "Folión de Carros: Detalles dunha festa senlleira"

Do 1 ó 31 de Agosto, na Casa da Cultura de Chantada e por diversos espazos da vila e parroquias, podedes visitar a exposición mais completa sobre o noso Folión.

22 de Agosto

VI Xornada Infantil "Mural do Folión de Carros"

"Creación Artística na Rúa", de 10:00 a 13:00 na Rúa Serra do Faro (a carón das piscinas municipais), en colaboración con Velaísca, Espacio C e Concello de Chantada. Inscrición de balde. Prazas limitadas.

26 de Agosto

Folión de Carros

A partir das 23:00 os carros percorrerán a Avenida de Ourense, Rúa Mariano Cedrón, Avenida de Monforte e rematando na Praza de Galicia. Dende as 16:00 os carros estarán expostos na Avenida de Ourense.

VII Foliada Carroceira

Comezará as 19:00 no Cantón e despois continuará polas rúas da vila. Música e baile co grupo de gaitas "Os Barrios", Agrupación Tradicional da Casa da Música de Chantada, Banda Municipal de Gaitas de Chantada, Searas, Dakidoasma e a Ronda "La Esperanza" de Requejo (Cantabria). En colaboración coa Diputación de Lugo actuarán tamén "Os Xílgaros de Lugo".

Xogos Populares

Na Praza dos Catro Camiños a partir das 18:30, en colaboración con Velaísca.

Exhibición das xugadas participantes

As 22:30, na Avenida de Monforte, dará comenzo a exhibición e desfile das xugadas participantes, polo mesmo percorrido do Folión, pero en sentido contrario, rematando na Avda. de Ourense, lugar de saída dos carros.

Interpretación da Muiñeira do Folión de carros

Ao comezo do desfile , diante do palco do xurado e autoridades, interpretación da "Muiñeira do Folión de carros" a cargo da Agrupación Tradicional da Casa da Música de Chantada.