Programa 2024

8 - 31 de Agosto

Exposición - "Folión 2024: Creación artística e festas tradicionais"

Do 8 ó 31 de Agosto, na Casa da Cultura de Chantada, podedes visitar a exposición mais completa sobre o noso Folión. Nela disfrutaredes dunha colección de cartelería do Folión de Carros ademais das maquetas dos carros gañadores dos últimos anos.

Exposición exterior - "Espazos da memoria do Folión de Carros"

Do 8 ó 31 de Agosto, na Praza do Mercado de Chantada (diante da igrexa vella), podedes visitar unha exposición exterior que conta con 10 puntos de visita que mostran tanto aspectos do Folión antigo como do Folión dos últimos anos.

20 de Agosto

VII Xornada Infantil "Mural do Folión de Carros"

"Creación Artística na Rúa", de 10:00 a 13:00 na Rúa Xoán XXIII (a carón do mural feito no 2021), en colaboración con Velaísca, Espacio C e Concello de Chantada. Inscrición de balde. Prazas limitadas.

24 de Agosto

Folión de Carros

A partir das 23:00 os carros percorrerán a Avenida de Ourense, Rúa Mariano Cedrón, Avenida de Monforte e rematando na Praza de Galicia. Dende as 16:00 os carros estarán expostos na Avenida de Ourense.

VIII Foliada Carroceira

Comezará as 19:00 coa presentación dos grupos no Cantón e despois continuará polas rúas da vila. Música e baile co grupo de gaitas "Os Barrios", Agrupación Tradicional da Casa da Música de Chantada, Banda Municipal de Gaitas de Chantada, Searas, Dakidoasma e Os Xílgaros de Lugo. En colaboración coa Diputación de Lugo actuarán tamén o grupo tradicional "Abrente".

Xogos Populares

Na Praza dos Catro Camiños a partir das 18:30, en colaboración con Velaísca.

Exhibición das xugadas participantes

As 22:30, na Avenida de Monforte, dará comenzo a exhibición e desfile das xugadas participantes, polo mesmo percorrido do Folión, pero en sentido contrario, rematando na Avda. de Ourense, lugar de saída dos carros.

Estrea do baile da Muiñeira do Folión de carros

Ao comezo do desfile , diante do palco do xurado e autoridades, estrea do baile da "Muiñeira do Folión de carros" a cargo da sección de baile da Agrupación Tradicional da Casa da Música de Chantada.