Un día de verán na aldea do Xan

Un bon día de agosto, nalgunha época máis cercana ou máis lonxe no tempo, pouco importa, espertou o noso veciño dunha pequena parroquia de Chantada, o Xan. A Xan apenas lle importan os visitantes da época estival, poucos ou moitos, nin tampouco a calor, pouca ou moita, pois pouco cambian as súas labores.
Xan é dos poucos veciños que quedan na parroquia. Por una cousa ou por outra, a xentiña, como igual ocorre noutras aldeas, vai marchando para as cidades na procura dun porvir que, aparentemente, non atopan na terra. Pero eso a Xan pouco lle importa. Mentres el teña aos seus animais e a xente que o leva acompañado toda a vida na aldea, el será feliz.
Xan, para ser feliz na súa vila non precisa de alta alcurnia nin de grande ostentación, nin de edificios altos, nin dos avances que dos que fan gala os emigrados que retornan da Europa avanzada. Basta con saír ás pequenas rúas da aldea para darse conta que o seu valor descansa noutras cousas, quizais máis importantes para a vida.
Maruxa, a muller de Xan, prepara xunto co resto da familia e con grande esmero un almorzo con produtos que algún pode denominar como “humildes”, sen embargo, non hai riqueza máis que o froito da terra recollido na terra, sendo isto algo ben sabido por Xan.
A diversión tamén atopa o seu lugar nesta pequena aldea chantadina, tamén todo non vai ser traballar! Para seus os veciños, todo o traballo só ten valor cando se fai para ser compartido cos achegados, e a cantina do pobo é un bon lugar para facelo. Na cantina abundan os sorrisos, as apertas e os bicos, sempre ao redor dunha cunca de viño, dun cocido ou dun churrasco entre amigos, que máis se pode pedir?
A canícula, como xa avanzabamos, é época de retorno para aqueles que marcharon, máis preto ou máis lonxe. Ao fin e ao cabo, por moito que abandonen Chantada, a aldea nunca saíu deles. Os veciños de Chantada agardan ata finais do mes de agosto, cando xa voltaron todos, para os festexos da Virxe do Carme.
Xuntos, ombro con ombro, portan un cruceiro que vai máis alá do culto, que representa a irmandade dos veciños, que entre todos sosteñen a aldea. Tamén o cura, aínda que quizais á súa maneira, vai amenizando a velada, gústalle máis o viño que a un neno o seu bonequiño!
Renacen as aldeas, as aldeas renacen… volven os mozos e as mozas… volven lentiño… pero van voltando…
Volven as cantareiras, volven as pandereteiras… volven os zocos de cores….e nos… volvemos a aldea de Xan!
Xan regresaba coas ovellas cara a corte… Pepin muxía as vacas… Sara loitaba coas brasas para tir a punto a cea… os rapaces… o crego compartía taberna e igrexa a partes iguais… na taberna invitaba os veciños a pecar e logo na igrexa absolvíaos… volvendo todos iles á taberna para repetir a operación cantas máis veces mellor…
O cura tamén lle gustan as mozas… claro está!
Xa que se fala do pobo esta pode ser a conclusión do relato …: Un bon veciño é aquel que fai contigo o camiño … e aquel que te convida a un vaso de viño … e aquel que comparte contigo un trozo de pan e de touciño… iso si… amodiño e con sentidiño… para non acabar mollados no rio Miño…