A cantina do Zaramelo abriuse na década dos 50 grazas ao matrimonio formado por Luis e Ofelia. Esta comezou sendo unha tenda e posteriormente unha casa de comidas na cal acudían persoas de todas as clases sociais. Na actualidade está pechada aínda que converteuse en toda unha referencia para a comarca de Chantada. Vendíase fariña e sal xa que nesa época era difícil ir ata Chantada, entón iban alí a compralo. Tiñan os seus propios produtos, viños da casa, chourizos e, o máis importante, o seu famoso licor café.