Programa do Folión de carros 2026

Aquí podes consultar o programa completo e os horarios do Folión de carros deste ano.

Cartel do Folión de carros

2026

Carroceiras, carroceiros, xa temos cartaz do Folión de Carros 2026!

Este ano presentámolo no I.E.S. Lama das Quendas, onde o alumnado de 4º da E.S.O. estivo traballando os últimos meses en diferentes deseños do cartel, coordinados pola súa profesora Cristina Ouro, colaboradora habitual do Folión. Presentáronse 27 deseños de unha gran calidade. Finalmente seleccionouse un dos traballos, autoría de Noemí Cortiñas López, que será a nosa imaxe de este ano.
Moitas grazas a todas as rapazas e rapaces participantes polo seu esforzo e compromiso!.
Todas as obras feitas polo alumnado estarán expostas no mes de agosto na Casa da Cultura de Chantada.

Un anaco de historia

Vídeo resumo dos Folións de carros de 1989 e 1988. Os vídeos foron cedidos por Alfredo Pardo Hermida do seu arquivo (Alfredo Pardo – Chantada films).

O Folión de carros de 1989 tivo 7 carros participantes, cos seguintes títulos:“Oleiros” (1º premio), “A vella feira de Chantada” (2º premio), “Os Cesteiros” (3º premio), “O albar de Argozón”, “A esfolla do millo”, “Muiño, lugar de encontro” e “Unha tarde na cantina”.

O Folión de carros de 1988 tivo 5 carros participantes, cos seguintes títulos:“Os cordeleiros” (1º premio), “Festa de San Antón da Costaña” (2º premio), “Fiadeiro” (3º premio), “Da carballeira á lareira” (4º premio) e “Unha noite na aira” (5º premio).

Muiñeira do Folión de carros

Esta peza, composta polo gaiteiro Oscar Rodríguez, foi estreada no Folión de carros do 2022. Adicada a todos os carroceiros e carroceiras, representa musicalmente o camiño que se recorre desde a construcción do carro ata o desfile polas rúas da vila e a festa final. Simboliza tamén a estreita relación que o Folión sempre tivo coa música tradicional. Fotos: Lucía Cereijo, Segundo Navaza e Martín Varela

Reportaxe

Aquí tedes un vídeo documental do Folión de Carros 2022, subtitulado ao castelán, grazas á colaboración de Festigaleiros. Podedes velo tamén na nosa canle de Youtube.

Xa podedes mercar o noso libro

Folión de Carros

Patrimonio Cultural de Chantada

A Asociaciòn Cultural Amigos do Foliòn acaba de publicar o seu primeiro libro sobre a importancia emocional e històrica do Foliòn de Carros en Chantada.
Podedes mercar o libro para colaborar coa Asociaciòn na Librería Central, Mago e Besbello en Chantada ou contactando connosco.