Carroceiras, carroceiros, xa temos cartaz do Folión de Carros 2025!
Este ano presentámolo no I.E.S. Lama das Quendas, onde o alumnado de «Expresión Artística» de 4º da E.S.O. estivo traballando os últimos meses en diferentes deseños do cartel, coordinados pola súa profesora Cristina Ouro, colaboradora habitual do Folión. Finalmente seleccionouse un dos traballos, autoría de Victoria García Fernández, que será a nosa imaxe de este ano. O diseño é unha intervención artística feita sobre unha fotografía do Folión do ano 1968. Moitas grazas a todas as rapazas e rapaces participantes polo seu esforzo e compromiso!. Todas as obras feitas polo alumnado estarán expostas no mes de agosto na Casa da Cultura de Chantada.
Timelapse
Aquí tedes o Timelapse do Folión de Carros 2024, grazas á inestimable colaboración dun incansable carroceiro, Segundo Navaza Blanco. Podedes velo tamén na nosa canle de Youtube.
Esta peza, composta polo gaiteiro Oscar Rodríguez, foi estreada no Folión de carros do 2022. Adicada a todos os carroceiros e carroceiras, representa musicalmente o camiño que se recorre desde a construcción do carro ata o desfile polas rúas da vila e a festa final. Simboliza tamén a estreita relación que o Folión sempre tivo coa música tradicional. Fotos: Lucía Cereijo, Segundo Navaza e Martín Varela
Xa podedes mercar o noso libro
Folión de Carros
Patrimonio Cultural de Chantada
A Asociaciòn Cultural Amigos do Foliòn acaba de publicar o seu primeiro libro sobre a importancia emocional e històrica do Foliòn de Carros en Chantada.
Podedes mercar o libro para colaborar coa Asociaciòn na Librería Central, Mago e Besbello en Chantada ou contactando connosco.