Programa 2025

8 - 31 de Agosto

EXPOSICIÓNS FOLIÓN 2025

Do 8 ó 31 de Agosto, xa podedes visitar a exposición "Carteis para o Folión de Carros" na Casa da Cultura de Chantada. Está composta polos traballos que fixeron os alumnos de Expresión Artística de 4º E.S.O. do I.E.S. Lama das Quendas para o deseño do cartel do Folión deste ano, diversas maquetas dalgúns carros que participaron no Folión e imaxes tomadas pola fotógrafa Lydia Castro para a mostra "No carro un latexar". No exterior, na Praza do Mercado, tedes tamén a exposición "Mais imaxes para a memoria" onde podedes disfrutar de 48 paneis dispostos en 12 cubos con diversas fotografías que representan o pasado e o presente do Folión de carros.

19 de Agosto

ACTIVIDADES PARA A INFANCIA: “MUIÑO NO FOLIÓN DE CARROS”

Son 3 propostas dirixidas a nenos e nenas entre os 6 e os 12 anos de idade. Proposta 1: Técnicas pictóricas contemporáneas sobre imaxes en branco e negro. Utilización de dúas fotos antigas do folión de carros, impresas en gran formato, para unha intervención artística sobre elas feita de maneira colectiva. O espazo para esta proposta será a parte exterio do Muiño da Alameda. Proposta 2: Paseo cultural entre o muiño da Alameda e o Cantón de Chantada. Roteiro de descubrimento cultural polas rúas do cantón de Chantada seguindo o itinerario antigo do folión de carros, que partía da Alameda. Os nenos e nenas irán acompañados por un mapa e guías colaboradores da Asociación. Descubrirán a relación dos muíños co Folión de carros, orixe da denominación que teñen algunhas rúas do Cantón de Chantada e tamén historias secretas tanto do folión como de oficios tradicionais que noutrora se encontraban nestas rúas. O punto de inicio e chegada será o interior do muiño da Alameda. Proposta 3: Proxección do Folión de carros 2024 en formato time-lapse no interior do muiño.

23 de Agosto

FOLIÓN DE CARROS

A partir das 23:00 os carros, tirados por xugadas de vacas ou bois, percorrerán a Avenida de Ourense, Rúa Mariano Cedrón, Avenida de Monforte e rematando na Praza de Galicia onde se sitúa o palco do xurado. Neles, as diferentes pandillas representan diferentes escenas ligadas coa cultura da comarca de Chantada: traballos agrícolas, oficios tradicionais, festas, romarías, feiras, etc...Abrirán o desfile a Agrupación Tradicional de Gaitas da Casa da Música de Chantada e a Banda de Gaitas do Concello de Chantada. Dende as 16:00 os carros estarán expostos na Avenida de Ourense, onde se poderá observar tanto a técnica construtiva utilizada como todos os obxectos e apeiros que con mimo foron colocados en cada un deles.

IX FOLIADA CARROCEIRA

Comezará as 19:00 coa presentación dos grupos no Cantón e despois continuará polas rúas da vila. Música e baile co grupo de gaitas "Os Barrios", Agrupación Tradicional da Casa da Música de Chantada, Banda de Gaitas do Concello de Chantada, Searas, Dakidoasma, Os Xílgaros de Lugo e O Trespés. En colaboración coa Diputación de Lugo a través do programa Tradigalu, actuarán tamén a Asociación Sociocultural Falcatrueiros de Monterroso.

XOGOS TRADICIONAIS

Na Praza dos Catro Camiños a partir das 18:30, en colaboración con Velaísca. Estes xogos forman parte da nosa cultura, conforman a nosa identidade e permiten que distintas xeracións compartan, xoguen e se divirtan xuntos. A maior parte deles foron elaborados por carpinteiros e ferreiros chantadinos. Encontraredes diferentes xogos como os Esquís de Parellas, os Aros, a Ra, a Chave ou os Birlos.

EXHIBICIÓN DAS XUGADAS PARTICIPANTES

As 22:30, na Avenida de Monforte, dará comenzo a exhibición e desfile das xugadas participantes, polo mesmo percorrido do Folión, pero en sentido contrario, rematando na Avda. de Ourense, lugar de saída dos carros. As parellas de vacas ou bois chegan desde distintos puntos do país e están especializadas e preparadas para este tipo de traballo.